4 may 2012


Valentín Paz-Andraide

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista,economista,político, empresario,poetisa galeguista. En 2012adicaráselle o dia das letras galegas.

Actividade antes da guerra civil

Comezou a interesarse na literatura na cultura de Galiza da man do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade. Foi tamén el quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra, cando este fixou a súa residencia en Pontevedra, en1916.


En xullo de 1922 nace o xornal Galiza, Dario de Vigo do que nun primeiro momento é redactor xefe, e dende o mes de agosto director, ata a súa desaparición o 15 de setembro de 1926, pechado na ditadura de primo de Rivera. En xullo de 1924 foi detido pola publicación de dous artigos en Galicia, polos que tivo que pagar unha multa e permanecer no cárcere quince días.

Obra

Como poeta formou parte da Xeración de1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica como se pode observar en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en que canta a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986), en que incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán.

CANDO TI VOLVAS

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954


O que todo galego choraría...
CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.

Escultura a Valentín Paz-Andrade de Cesar Lombrera
chamada A tertulia do Moderno.



Pablo, Ancor, Marta y Andrea

No hay comentarios:

Publicar un comentario